viernes, 28 de marzo de 2014

Decálogo de Pais/Nais:

Decálogo dos pais e nais: 1. Inculcade aos vosos fillos e fillas unha educación baseada no respecto aos principios éticos deportivos, faranlles mellor persoa e deportista. 2. Non lles esixades máis do que poden dar, nin @s comparedes. Con iso só conseguiredes diminuír a súa autoestima e fomentar a súa ineptitude. 3. Estimuládeos pero non os sobrevaloredes, ou creríanse perfect@s e incapaces de perfeccionarse. @s vos@s fill@s tamén teñen limitacións. 4. O feito de que sexan @s vos@s fill@s non equivale a que teñan a razón, hai que facerllo ver. 5. Tratáde@s respectuosamente, é a manifestación do voso aprecio. Non mercadeedes cas súas cualidades. 6. Non proxectedes neles as vosas frustracións nin aspiracións insatisfeitas. 7. A vosa labor na competición pode ser animal@s, pero non gritarlles nin darlles ordes. 8. Respectade o traballo d@ adestrador/a e as súas decisións. 9. Sede @s primeir@s en respectar as decisión arbitrais, para que @s vos@s fill@s as respecten. 10. Mostrádevos sempre correct@s no voso porte e no voso vocabulario. Ten en conta tamén que: - Os nenos e nenas non xogan para entretemento do público, nin para quedar os primeiros, senón para divertirse e formarse como persoas a través do deporte. - Se amosas respecto a todas as persoas participantes no evento deportivo, o rapaz fará o mesmo, especialmente ao árbitro, recorda que é un deportista coma eles e como tal e como persoa merece ese respecto, que as súas frustracións non vaian derivadas cara el. - Ensínalle a rexeitar calquera uso da violencia ou de comportamento incorrecto. O deporte é para divertirse, non para crear malos hábitos. Ao rematar o partido valora o realmente importante, é dicir, a mellora persoal e colectiva, sen importar o marcador. Non por gañar o fixeches ben ou por perder, mal. - Sobre todo, non o esquezas: as túas accións son un modelo a imitar polos teus fillos. Dalles exemplo.

1 comentario:

Unknown dijo...

Gústame este decálogo. É importantísimo o respecto ó equipo rival, árbitro, xogadores nosos, etc. Moitas veces vense actitudes nas bancadas vergoñantes (non digo d@s nos@s siareiros). ADB Fontiñas debería destacarse porque a súa afección respecta os puntos incluídos no DECÁLOGO