martes, 23 de julio de 2013

A Selección Senior de España de Baloncesto en Compostela (e A Coruña).

Estimad@s adestradores.

Achegamos información relativa á presenza en Galicia do FIBA Road Show World Cup 2014.
As cidades elixidas para recibir esta especial visita son A Coruña e Santiago de Compostela, localidades que, á súa vez, serán sede de sendos encontros amigables da Selección Sénior Masculina no vindeiro mes de agosto.
Toda a información relativa a esta parada galega do FIBA Road Show World Cup 2014 (onde tamén estarán á venda as entradas para os encontros da Ruta Ñ) que terá lugar en próximos días de xullo (26 e 27 de xullo na Coruña e 29 e 30 en Santiago de Compostela) atópase aquí.
http://www.fegaba.com/actualidade/amosar.php?id=7876&a-ruta-n-2013-da-seleccion-de-baloncesto-chega-a-galicia
Agardando que vos acheguedes a participar, recibide un sáudo!!

miércoles, 3 de julio de 2013

Colaboración de Librería Fonseca ca ADB Fontiñas.

Tod@ @s alumn@s e colaborador@s de ADB FONTIÑAS que desexen adquirir os libos de texto do proximo curso 2013/14 na Libreria Fonseca, tendran un 10 % de desconto no precio dos mesmos. Recordade tamén, que ésta librería, acepta os "vales de axuda a compra de libros", emitidos po la Xunta de Galicia. Si necesitades máis informacion, non dubidedes en contactar ca libreria.

lunes, 1 de julio de 2013

Curso de árbitros de baloncesto

O Comité Galego de Árbitros organizará o seu próximo Curso de Iniciación ao Arbitraxe que comezará a finais de agosto, principios de septembro.
En www.fegaba.com tendes un banner para acceder a toda a informacion (a dereita da pantalla, en metade da páxina en "curso on line de iniciacion a arbitraxe).
Buscamos novos árbitros e oficiáis entre ex-xogadores, amigos, familiares e mesmo xogadores en activo xa que vos lembramos que en categorías zonáis, a arbitraxe é compatible con xogar ou entrenar nun clube. O único requisito e ter, cando menos 14 anos.
Non dubidedes en consultarnos calquera duda en arbitros@fegaba.com